Casas de madeira entre árbores: Cabanas do Barranco


Recibimos o encargo dunha intervención hoteleira singular con apartamentos independentes nun espazo baleiro de núcleo de Outes. Froito do abrupto do seu tipografía e do paulatino abandono deste tipo de núcleos, sobre o solar derrámase un bosque espontáneo e heteroxéneo.

Proxecto construtivo das Cabanas do Barranco

A nivel global, realízase unha primeira aproximación á parcela desde a súa sección. Conseguimos unhas primeiras manchas asomándonos aos diferentes bordos e facendo nosos os terreos circundantes, liberando espazo e buscando a intimidade de cada edificación sen renunciar ás vistas, unha sorprendente perspectiva, entre as ramas, sobre a desembocadura do Río Tines, os montes Barbanza, Trémuzo e A Pena, e o nacemento de ría de Muros-Noia.
Nun segundo nivel, defínense formalmente as diferentes edificacións así como a súa implantación atendendo á evolución caprichosa das diferentes especies, buscando ocos entre as ramas, condicionadas polas súas orixes, o seu proxecto e o seu futuro.
Nun terceiro nivel, búscanse os apoios sobre os que soportar as lixeiras estruturas de madeiras sen danar as raíces das diferentes árbores entre os que se integran, defínense tamén as alturas das edificacións e os accesos, co obxectivo de atenuar a liña entre a edificación e a contorna, natural e artificial.
A intervención realízase co sistema modular Addomo Madeira que determina acabados e proporcións, utilizando madeiras recicladas que aceleran a natural integración do conxunto.