Casa de formigón de Fran e Renata


Os arquitectos e enxeñeiros de Addomo Arquitectura Modular, logo de varios anos de investigación, foron os primeiros en confiar a construción da súa vivenda ao sistema de Addomo Formigón.

Paneis prefabricados de formigón e fachada de madeira pintada para un sistema de construción modular

Así, a vivenda modular familiar de Fran e Renata, aínda que polas súas características dista moito da maioría das casas prefabricadas, si está construída con paneis prefabricados macizos de formigón armado. En aparencia este tipo de vivendas modulares poderían parecer casas de madeira, pois a súa fachada é de madeira pintada de branco.
Poderiamos dicir que o armazón de muros prefabricados de formigón constitúe o esqueleto do organismo. Mentres, temos unha pel adaptable, variable, como unha funda facilmente substituíble. Neste caso a elección foi a madeira pintada que fai as veces de membrana de transición entre exterior e interior, entre público e privado.
No sistema de construción modular a xunta seca preside todo o sistema construtivo.

Unha construción idónea para aforrar á vez que se respecta o medio ambiente

Ecoloxía; illamento térmico e acústico; enerxías renovables; falamos de características inherentes a este sistema construtivo que nos permiten aforrar cada día mentres respectamos a paisaxe e o medio ambiente.

Perfectamente adaptadas ao territorio

O proxecto ten unha natureza dual: global na parte básica; individual na parte executiva. É dicir, prográmase a ordenación de forma conxunta, para un grupo de casas modulares, pero desenvólvese de xeito individual ou específica, segundo as esixencias de cada cliente e a súa circunstancia.
No sistema de ocupación territorial, o uso de tramas de programación permite adaptarse ás circunstancias da contorna. Os proxectos de Addomo contemplan todos os matices do medio en que se constrúen e interactúan con el, reaccionan por contacto, contráense e espónxanse, pero de forma programada, planificada.